CAS    EUS    ENG    GAL
logo


Galego

Hai 25 anos, TV3 comezou a emitir no País Valenciá e en xaneiro do 2007 principiou o proceso de peche da rede de repetidores de Acción Cultural do País Valenciá que retransmiten o sinal das catro canles actuais da Corporación Catalana de Mitjans Audiovisuals (CCMA). Nestes dous anos, malia a reiterada vontade por parte do Goberno catalán de chegar a un acordo de reciprocidade entre as emisións de Canal 9 e TV3, o Goberno valenciano non solo non asinou ningún acordo de reciprocidade, senón que pechou tres repetidores impoñéndolle sucesivas multas a Acción Cultural do País Valenciá. Non estamos fronte a un problema tecnolóxico senón político, porque a Generalitat valenciana ten dous multiplexs que lle supoñen dez canles de televisión TDT en réxime de libre concesión. Destas dez canles, ten de catro a cinco libres, que poderían ser destinados a emitir as canles da CCMA.

Para conseguir que as canles da corporación volvan verse no País Valenciá comezouse unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), unha iniciativa cidadá para conseguir a aprobación dunha lei mediante unha recollida de firmas. O proxecto de lei preséntase á Mesa do Congreso español avalado por un grupo de persoas de recoñecido prestixio que fan de impulsores do proxecto, e a partires deste momento dispomos dun máximo de nove meses para recoller un mínimo de 500.000 sinaturas válidas no conxunto do Estado español.


samarretes






© 2009
Comissió Promotora Iniciativa Legislativa Popular (ILP)